Resumo dos partidos de baloncesto (26 e 27 de outubro)

BENXAMIN UNDER 8: DOMINICOS 2 - XIRIA 52

Primeiro partido do equipo benxamín mixto que experimentaban por primeira vez o que era un partido de baloncesto. O rival, moi superior en calidade e cantidade, non deu opción en ningún momento a pesar de que os nosos non deixaron de disfrutar en todo momento. Os xogadores esperan ansiosos o próximo partido.

BENXAMIN UNDER 9: DOMINICOS 32 - ARTAI 52

Derrota do irmán maior dos benxamines que visitaba o polideportivo da Sagrada Familia con numerosas baixas. Comezou dominando o conxunto local, pero Artai aproveitou o segundo parcial para darlle a volta por completo ao partido. A partires de ahí, todo moito máis igualado, con parciais máis axustados que lle permiten a Artai levarse a primeira victoria da tempada. Noraboa!

ALEVIN FEMENINO: DOMINICOS 17 - SANTA MARÍA DEL MAR 67

Victoria de Santa María del Mar A ante as nosas que se estreaban na categoría alevín. As nenas, aínda con todo, xogaron moi organizadas e con boa intención, aínda que as transicións ofensivas de Santa María fixeron que as nosas en defensa non puidesen facer nada. Seguro que con máis adestramentos as victorias chegarán.

INFANTIL MASCULINO: DOMINICOS 30 - BASQUET CORUÑA 71

Gran partido dos nosos a pesar da abultada derrota na xornada do domingo pola tarde. Xogamos contra un gran rival que xa está no seu segundo ano de infantil, e iso, físicamente, nótase. Dominicos nun mes asemella que xa se está a adaptar xenial á pista grande, combinando varios pases en estático e indo con seguridade cara o aro. Seguro que la victoria non tardará en chegar.

INFANTIL FEMENINO: DOMINICOS 54 - CALASANZ 4

Victoria do equipo femenino a domicilio frente a Calasanz. As nosas fixeron notar a súa experiencia, aínda sindo o seu primeiro partido na pista grande. Partido traballado dende o comezo, sindo moi intensas  na defensa, xerando canastas fáciles e saíndo en transición. Calasanz  intentouno pero Dominicos tamén castigou en estático. Agora, a pensar na seguinte. Noraboa rapazas!

CADETE MASCULINO: DOMINICOS 78 - CULLEREDO 48

Victoria cómoda en Culleredo, esta vez con todolos efectivos disponibles despois de que moitos, a semana pasada, estivesen de viaxe por Grecia. O equipo de Marce pouco a pouco vaise amoldando como equipo, despois de que este ano fusionáranse ambos cadetes. O partido tivo luces e sombras, pero o bo plantexamento do partido en todo momento nos fixo ir por diante no encuentro. Culleredo era un rival forte polo que esta proba pásase con nota.

 

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña