Resumo dos partidos de baloncesto (25 de maio)
Xornada reducida esta fin de semana na sección de baloncesto, onde so os equipos benxamíns e o alevín masculino xogaron. Remata o sono do benxamín femenino pola Fase de Ascenso a Liga Galega, aínda que so o feito de chegar ata aquí era un obxetivo difícil de imaxinar ao principio da tempada. Felicidades a todas!
BENXAMIN MASCULINO
CULLEREDO 49 - DOMINICOS 45
Partido moi disputado na xornada do sábado entre Culleredo e Dominicos. Os locais comezaron moi fortes, pero os benxamíns do clube mantiveron un tira e afrouxa prácticamente constante durante todo o partido. Culleredo fixo grandes méritos para levarse a victoria, mentres os nosos tiveron un par de tiros claves para poñerse por diante; sen dúbida a falta de acerto perxudicounos xunto coa falta de defensa nalgúns momentos. Como dicimos, partido moi apretado ata o final, onde Culleredo levouse a victoria por tan so catro puntos.
É evidente a mellora dos máis pequenos do clube, que sen dúbida xa se están preparando para o salto a próxima tempada, cando sexan xogadores de segundo ano de benxamín.
BENXAMIN FEMENINO
DOMINICOS 9 - BASKET CORUÑA 60
DOMINICOS 14 - MANUEL PELETEIRO 48
Esta fin de semana o benxamÍn femenino voltou ter dobre xornada e está vez a cita foi na capital galega, Santiago de Compostela, no colexio Peleteiro.
Basket Coruña foi o primeiro rival; un rival moi difícil ao cal xa nos enfrentáramos en anteriores ocasións. Comenzo difícil para as nosas, que tras empezar un pouco dispersas nos primeiros cartos, reaccionaron a partires da metade do partido. Chegou a hora de poñerse serios mostrando un xogo máis fluido e sólido, deixándose a pel no campo.
Unha vez finalizado o partido con derrota, queremos destacar a deportividade e la boísima relación que había entre as xogadoras de ambos equipos que tras varios enfrontamentos xa entablaran amizade. Mostra de ello é que no segundo partido o equipo d Basket Coruña animounos no noso enfrontamento contra Peleteiro, facendo con iso un partido memorable.
Despóis do primeiro partido realizouse unha comida de equipo con padres e xogadoras onde todos xuntos disfrutaban a vez que desconectaban antes do segundo partido.
As 16:00 comezou o segundo partido e se veía a concentración de todo o equipo sendo conscientes de que era o derradeiro partido da tempada. Dende o primeiro minuto viuse refrexado nas ganas de darlo todo, foi un partido onde cada xogadora aportou sen dar un balón por perdido, o ambiente do partido foi para o recordo, onde as aficións gritaban e animaban ao seu equipo e onde antigos rivais estaban presentes mostrando o seu apoio.
Finalmente foi un partido onde a falta de acerto condicionou o resultado e pese ao gran esforzo e a gran actuación do equipo Peleteiro levouse a victoria, mostrando o rival un gran nivel.
O equipo acabou esta dobre xornada tremendamente orgullosas do que se conseguira, pois o obxetivo de chegar á Fase de Ascenso era algo, cando menos, moi difícil de imaxinar ao principio da tempada.
ALEVÍN MASCULINO
CAMBRE 48 - DOMINICOS 59
Cambre foi un rival difícil para o conxunto de Paco Fuentes, onde esixiron en defensa e incomodaron aos nosos ata o descanso. Partido igualado ata entón, ata que Dominicos comezou a mover máis o balón, executaron ben as transicións ofensivas e aumentou o acerto con respecto á primeira parte. Finalmente, o partido se decidiuse por 11 puntos e xa piensan na seguinte xornada.
De este xeito, o alevín masculino afiánzase na segunda posición, cunha gran tempada no nivel deportivo para todos. Felicidades!