Resumo dos partidos de baloncesto (2 de xuño)

ALEVÍN MASCULINO
DOMINICOS 72 - XIRIA 37

Derradeiro partido da tempada, onde unha vez máis o esforzo dos nosos amosou unha solidez defensiva que foi o buque insignia en moitas das xornadas, tanto no 1v1 como nas axudas aos bos xogadores rivais. Transicións ofensivas perfectamente executadas, subindo o ritmo das mesmas a medida que se desenvolvía o encontro. Isto fixo mella a Xiria, que non puido cumprir co mínimo de xogadores presentados. Por último, quédanos agradecer a actitude e disciplina de todos os xogadores ao longo da tempada, así como a disposición dos pais en todo momento.

INFANTIL MASCULINO
Dominicos 89 - Calasancias 38

O noso rival tan so contaba con seis xogadores. Isto, unido ao calor da pista, fixo que Calasancias non puidera seguir o alto ritmo imposto polos nosos tras o descanso, espcialmente gracias aos rápido contrataques e ao dominio do rebote con Juanjo e Fonsi. Na faceta ofensiva compre destacar o gran partido de Curro que fixo 45 puntos.

CADETE MASCULINO
Dominicos 49 - Xiria 54

Bo partido dos nosos no que comezamos o primeiro carto mellor co equipo contrario. Sen embargo, ao descanso o equipo visitante supo repoñerse, poñendo unha vantaxa escasa no marcador. O terceiro carto marcou un punto de inflexión, xa que debido as nosas pérdidas constantes, Xiria soubo aproveitar esas vantaxes e rematar o partido, a pesares de que o equipo puido loitar ata o final, sen o resultado esperado.

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña