Resumo da semifinal de Copa Primavera Infantil Masculino
O derradeiro partido da sección de baloncesto nesta tempada 2018/2019 foi a semifinal da Copa Primavera do noso infantil masculino. Un partido que rematou con derrota 97-53 ante o Santo Domingo de Betanzos, que era o gran favorito tendo en conta os resultados previos e que xogaban como locais. Ao descanso do encontro Dominicos chegou cun resultado moi igualado, pero os betanceiros impuxeron o seu xogo e o seu despliegue físico, polo que se foron na segunda parte a máis de corenta puntos, facéndose fortes na pintura e na línea de tiros libres.
En calquera caso, chegar ata a semifinal para os nosos é todo un orgullo e digno de felicitación. Pouco a pouco, o esforzo diario vaise impoñendo. A progresión foi clara durante a tempada, pois o infantil fai seis meses estaba moito máis lonxe en canto a marcador co rival desta fin de semana.
Gracias a todos, e ata a próxima tempada.