Benvidos á web do C.A.A. Dominicos. Aquí poderedes atopar información sobre quen somos, as actividades que desenvolvemos, novas, calendarios, horarios, etc. Tamén poderedes atopar ligazóns a álbumes de fotos, entidades colaboradoras e moitos outros sitios de interese. Usaremos esta web, xunto cos nosos perfís en redes sociais, para manteros informados de todalas novas sobre o noso clube, de xeito que podades estar ben informados sobre as actividades que poden realizar os vosos fillos.

Máis importantes que os resultados e as victorias, dende o clube traballamos para ensinar valores humanos que complementen o desenvolvemento de todos os nosos deportistas. La seguinte ligazón atoparedes unha transcrición das palabras do noso presidente no acto de inauguración oficial da tempada 2017/18, onde se explican os obxectivos do noso clube.

DISCURSO DEl PRESIDENTE.doc (24 kB)

 

Gracias por entrar e por seguirnos. Agora e sempre... FORZA DOMI!!!

Novas

Resultados dos partidos de hockey sobre patines (24 a 27 de xaneiro)

Rematou xaneiro e xa comezamos a afrontar a parte final da Liga Galega en moitas categorías. Os equipos están rodados o que se nota na intensidade dos partidos. Estes foron os resultados da última xornada de xaneiro. Senior: Escola Lubiáns 4 - 6 C.A.A. Dominicos A / H.C. Borbolla A 7 - 7 C.A.A....
Leer más

Resultados dos partidos de baloncesto (26 e 27 de xaneiro)

Esta semana non foron tan bos os resultados de baloncesto, onde tan so logramos unha victoria. Pero estamos moi orgullosos do traballo dos nosos nenos e nenas, os que seguimos a ver mellorar día tras día. Cadete: Top Quality Cars Cambre B 31 - 62 Dominicos Infantil Masculino: Dominicos 52 - 86...
Leer más

Resultados dos partidos de baloncesto (19 e 20 de xaneiro)

Moi boa xornada para os equipos de baloncesto con pleno de victorias e moi bo xogo. A seguir así! Cadete: Dominicos 72 - 26 Basket Coruña U16 Infantil Masculino: Calasanz 2 - 53 Dominicos Alevín Femenino: Santa María del Mar Blanco 6 - 56 Dominicos Alevín Masculino: BC Eusebio da Guarda Mix 2 - 52...
Leer más

O Senior A Campión Galego de hockey sobre patíns

A falta de tres xornadas para rematar a Liga Galega senior, o noso primeiro equipo proclamouse Campión de Galicia. Están facendo unha tempada espectacular. Tras tropezar no primeiro partido da competición levan agora unha racha de 18 partido seguido con victoria. É de destacar que 9 dos 10 membros...
Leer más

Resultados dos partidos de hockey sobre patíns (19 e 20 de xaneiro)

Esta xornada trouxo a boa nova do título galego para o noso primeiro equipo, que está a facer unha tempada incrible. O resto de equipos non quixeron ser menos e todos xogaron moi ben. Aquí tedes os resultados:   Senior: C.A.A. Dominicos A 14 - 3 H.C Raxoi / C.A.A. Dominicos B 2 - 2...
Leer más

 PATROCINADORES